Concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial

Mar, 26/11/2024 - 10:17

Xúntase a Orde do  13 de novembro de 2024 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (código de procedemento ED013A).

  • O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de orientación, mediante o procedemento normalizado ED013A, será desde o día 27 de novembro ata o 18 de decembro de 2024, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes.