Título node Learning object

Webinario informativo DELF Scolaire 2025
Ven, 22/11/2024 - 00:06

As Alianzas Francesas de Galicia organizan un webinario dirixido a todos os centros educativos interesados en presentar ao seu alumnado ás certificacións oficiais de francés DELF Scolaire que se celebrarán en maio de 2025. Durante a sesión abordaranse aspectos clave do proceso de matrícula e proporcionaranse recomendacións para a preparación das persoas candidatas con especial énfase nas probas orais do DELF B1 e do DELF B2.

Data: 29 novembro de 2024 ás 17:00. 

A través desta ligazón as persoas participantes poderán inscribirse e recibir de maneira automática un comunicado de confirmación por correo electrónico coa ligazón de Zoom para conectarse á sesión.