Título node Learning object
O Ateneo de Santiago convoca o IV Premio Ateneo Cineduca, dirixido a todos os centros educativos non universitarios de Galicia.
As obras, preferentemente en galego, terán unha duración aproximada de entre 10 e 20 minutos, incluídos títulos de crédito, e tratarán en xeral temas relacionados con experiencias educativas ou procesos de aprendizaxe.
Cada centro poderá presentar ata dúas pezas. Para facer chegar as obras deberase enviar unha ligazón privada ao enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal, antes do 17 de febreiro de 2025.
Establécese un primeiro premio dotado con 1 000 euros e un segundo premio de 500 euros. Tamén se outorgará un accésit a aquela obra que o xurado considere merecente deste recoñecemento.
Para ampliar a información cumprirá consultar as bases.