Título node Learning object

II Premio BREVITER de microrrelatos
Xov, 14/11/2024 - 12:24

O IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela convoca o II Premio BREVITER de microrrelatos co apoio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. "Follow me!" será o tema desta II edición e versa sobre os distintos propósitos da identidade dixital na Internet. As obras poderán presentarse en lingua galega, española, alemá, inglesa e portuguesa. Poderá concorrer calquera persoa, de calquera nacionalidade, que o 1 de marzo de 2025 teña cumpridos entre 12 e 18 anos e que estea cursando estudos preuniversitarios ou de formación profesional. Cada participante só poderá presentar unha única obra.

As obras poderán ser, ben microrrelatos literarios ou poemas de ata 100 palabras, ou ben microrrelatos audiovisuais de ata 60 segundos. Deberán presentarse en formato non editable e non conter datos que revelen a autoría e nomearse segundo as especificacións recollidas nas bases e contarán coas contías económicas seguintes:

500,00 euros para a obra gañadora na categoría de microrrelatos literarios ou poemas.
500,00 euros para a obra gañadora na categoría de microrrelatos audiovisuais.

Prazo de presentación das obras: remata o día 1 de marzo de 2025

Ligazón para o formulario de inscrición

Ligazón para a entrega da obra 

Imprescindible consultar as bases do concurso e a información complementaria no documento adxunto (traducido a varias linguas).