Título node Learning object
A Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia - ANEDIA celebra unha charla impartida por Serfín Murillo sobre diabetes tipo 1 e deporte en colaboración co Colexio Oficial de Licenciados/as en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF). Este acto promove a aposta de ANEDIA pola formación en diabetes e está dirixida tanto ás persoas que padecen a doenza coma ás súas familias, adestradores/as, preparadores/as físicos, profesorado, enfermeiras/os, fisioterapeutas e calquera persoa que desexe ampliar os seus coñecementos sobre diabetes e deporte.
Data: 25 de outubro ás 17.30 horas.
Lugar de celebración: edificio municipal CERSIA EMPRESAS – Rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n. Santiago de Compostela.
Formulario para a inscrición gratuíta: Formulario.