Convocatoria do Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro “Día internacional contra a Violencia de Xénero”
Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.
O obxecto do concurso é a realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais, coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.
Tema: Reflexión contra a violencia de xénero.
Destinatarios: Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de primaria, ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.
Participación: Os traballos poderán realizarse individualmente ou en grupo a través de equipos guiados por 1 docente e constituídos por un máximo de 8 alumnos e alumnas; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado.
Categorías:
-
1ª Categoría: alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.
-
2ª Categoría: alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.
-
3ª Categoría: alumnado das ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño.
Modalidades de participación:
-
Modalidade "Imaxe gráfica": consiste na realización dun traballo gráfico (cartel, cómic, ilustración, debuxo...).
-
Modalidade "Peza audiovisual": consiste na realización dun traballo audiovisual (curtas, viodeoclips, performances, flashmob, danza, videopoemas, textos recitados...).
Prazo de presentación dos traballos: ata o día 8 de novembro de 2024, ás 15:00 horas.
Indicacións para para os envíos:
-
enderezo postal: Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, edificio administrativo San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
-
enderezo electrónico:premios25n.igualdade@gmail.com
Pódense consultar as bases completas no documento anexo. Para resolver dúbidas podedes dirixirvos a: 881 997 598 e 981 545 361.