Título node Learning object
A Universidade da Coruña, a través da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, súmase unha vez máis á iniciativa da Noite Europea das Persoas Investigadoras (G-Night), evento de divulgación científica que se celebra de xeito simultáneo en 400 cidades de toda Europa. Neste ano terá lugar o 27 de setembro do 2024 baixo o lema “Conciencias Creativas”, relacionando creatividade e coñecemento científico.
Durante a xornada ofrecerase a oportunidade de participar en obradoiros, charlas divulgativas, teatro, rutas científicas, experimentos e relatorios dirixidos para todo tipo de público: infantil, xuvenil, familiar, escolar, adulto etc. independentemente da súa formación e coñecementos.
Data: 27 de setembro.
Lugares: consultar programa
Información ampliada: https://gnight.gal/