Título node Learning object
XI Premio "Concepción Arenal"
Ven, 20/09/2024 - 09:23
Coa finalidade de promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero na poboación infantil e adolescente e co obxecto de premiar o compromiso e implicación dos centros educativos públicos da provincia que presenten un proxecto educativo que promova a igualdade entre homes e mulleres, levando a cabo medidas para a erradicación da violencia e encamiñadas á consecución da igualdade real, a Deputación da Coruña convoca o XI Premio “Concepción Arenal” a proxectos educativos pola igualdade de xénero.
Poderán presentarse centros educativos públicos da provincia cun proxecto por candidatura, nas seguintes modalidades:
A. Proxectos educativos en educación infantil
B. Proxectos educativos en educación primaria
C. Proxectos educativos en educación secundaria, bacharelato e formación profesional básica e grao medio
B. Proxectos educativos en educación primaria
C. Proxectos educativos en educación secundaria, bacharelato e formación profesional básica e grao medio
Establécense tres premios de 5.000 €, un por cada modalidade:
O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14:00 horas do día 31 de outubro de 2024.
As candidaturas deberán presentarse a través da plataforma telemática Subtel (na páxina web https://sede.dacoruna.gal/Subtel/).