Título node Learning object
No ano 2023, detectouse a presenza do Aedes albopictus ou mosquito tigre, unha especie invasora que non se atopaba en Galicia e que pode ser vector de enfermidades como o Zika, o dengue ou o chikungunya.
Para reducir e minimizar as poboacións destes mosquitos e, en concreto os focos de cría, é moi importante a concienciación cidadá.
A app Mosquito alert desenvolve un programa educativo en varias sesións, seguindo a metodoloxía de traballos por proxectos nas escolas. O obxectivo é incentivar a participación en ciencia cidadá entre os mozos e alcanzar zonas onde hai poucos avisos de mosquitos tigre.
A convocatoria de solicitudes está aberta ata o 30 de setembro de 2024.
Boletín de inscrición: https://forms.gle/6fM24MLc6z7giXoV6
Máis información: https://www.mosquitoalert.com/ambitos-de-actuacion/educacion/ , ou no correo edu@mosquitoalert.com