Título node Learning object
"Speed Dating en liña Erasmus+" trátase dun evento en liña desenvolvido en lingua inglesa, dirixido a directores e directoras de centros onde se imparten ensinanzas de educación de persoas adultas e ensinanzas de idiomas de réxime especial (escolas oficiais de idiomas) que teñan especial interese en internacionalizar os seus centros educativos e buscar socios para futuros proxectos conxuntos Erasmus+, oportunidades de job shadowing, mobilidades de alumnado adulto, etc., tanto para proxectos KA1 como KA2.
A dinámica consistirá en asignar as persoas participantes a diferentes salas virtuais onde terán a oportunidade de coñecer e interactuar con persoas directoras de outros centros educativos de países de toda Europa, e xa que logo, buscar oportunidades para establecer relacións de cara a futuros proxectos, mobilidades, etc.
A data de celebración será o próximo día 8 de outubro en horario de 10.00 a 12.00 horas.
Prazo de inscrición: ata o 22 de setembro de 2024 ás 12:00 horas (hora peninsular española).
Requisito: dominio da lingua inglesa