Título node Learning object
XV Edición dos Premios Educacompostela de recursos educativos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica
Xov, 05/09/2024 - 10:12
Nova Escola Galega e o Concello de Santiago de Compostela convocan unha nova edición dos Premios Educacompostela. Uns galardóns destinados a recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
O prazo de presentación de traballos continúa aberto ata o 20 de setembro de 2024.