Título node Learning object

Xornada "A aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía"
Ven, 19/07/2024 - 13:08
Imaxe

A Área de Sociedade Dixital de Amtega está a colaborar con AMIT Galicia (Asociación de mulleres investigadoras e tecnolóxicas) na organización dunha xornada dirixida a nenos e nenas que ten como obxectivo dar a coñecer diferentes roles laborais que combinan a ciencia e a tecnoloxía.

Participarán dez mulleres como relatoras que traballan en diversos campos, como o académico, administrativo ou empresarial, para amosar as variadas posibilidades que se presentan tras obter unha titulación universitaria, destacando que a formación recibida prepara para enfrontar desafíos que poden non estar directamente relacionados cos contidos estudados.

A actividade desenvolverase no Centro GaiásTech e consistirá dun diálogo entre estas profesionais e os nenos, nenas, pais e nais asistentes, permitindo que se expoñan preguntas e se poida conectar de maneira significativa cos temas discutidos.

 

A actividade celebrarase o venres 27 de setembro no Centro GaiásTech (Cidade da Cultura), en horario de tarde. Cun programa distribuído do seguinte xeito:

 

16:00 – Recepción de nenos, nenas e pais ou nais

16:30 - Presentación da xornada e do programa de mentorización

Presidenta de AMIT-Gal, representante de AMTEGA

17:00 - 17:40

  • Ciencia e empresa
  • Sons submarinos
  • Medicina personalizada
  • Aprendizaxe e tecnoloxía
  • Láser na conservación do patrimonio

17:40 - 18:10

  • Saídas da enxeñería naval
  • Emprendemento con base científica
  • Antropoloxía e tecnoloxía
  • Vocacións STEM

19:30 - 20:00 - Peche da xornada

 

A través desta ligazón da web do Centro GaiásTech está publicada a actividade e as instrucións para a inscrición.