Relación provisional de persoas admitidas e excluídas, puntuacións provisorias e adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente

Mér, 10/07/2024 - 10:39

Xúntase a Resolución do 10 de xullo de 2024 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas, unha nova relación provisional de persoas admitidas xunto co baremo, a relación do persoal excluído e a adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos para a cobertura, en réxime de comisión de servizos, de postos de escolarización de alumnado de atención preferente, convocado pola Orde do 16 de maio de 2024 (DOG núm. 101, do 27 de maio) (código de procedemento ED013B).

 

O prazo para formular alegacións e/ou renuncias por medios electrónicos no procedemento normalizado ED013B amplíase ata o día 15 de xullo de 2024, incluído. Neste prazo as persoas participantes poderán presentar novas alegacións e/ou renuncias ou manter ou modificar as alegacións e/ou renuncias xa presentadas.