Convocado concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente (ED013B)
Xúntase a Orde do 16 de maio de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
- O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 28 de maio ata o día 10 de xuño de 2024, ambos incluídos.
- Neste mesmo prazo, as persoas interesadas poderán actualizar o seu expediente persoal no enderezo web www.edu.xunta.gal/datospersoais e presentar a dita solicitude por medios electrónicos no procedemento normalizado ED011A.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Non se admitirá ningunha solicitude que non se presente por medios electrónicos empregando o procedemento normalizado ED013B.
As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude así como a folla de autobaremación que consta na sede electrónica no procedemento normalizado ED013B.
Orde do 16 de maio de 2024 (DOG) Resolución do 4 de xullo de 2024 (resolución provisional) Adxudicación provisional das prazas do concurso específico de postos de escolarización alumnado de atención preferente (Anexo) Baremo provisional do persoal participante (Anexo II) Relación provisional do persoal excluído (Anexo III) Resolución provisional do 10 de xullo de 2024 Anexo I: Adxudicación provisional Anexo II: Baremo provisional Anexo III: Relación provisional de persoas excluídas Resolución definitiva do 18 de xullo de 2024 Anexo I: Adxudicación definitiva Anexo II: Baremo definitivo Anexo III: Relación definitiva de persoas excluídas Orde do 23 de xullo de 2024 (resolución definitiva DOG)