S2401015 ACTIVIDADE FÍSICA E HÁBITOS SAUDABLES

Curso de 20 horas: 15 presenciais e 5 non presenciais
Mar, 09/07/2024 - 13:36
Actividade física e hábitos saudables

OBXECTIVOS:

1.Desenvolver o Plan de actividades físicas e hábitos saludables do centro en colaboración coa comunidade e empoderando ao alumnado a través do seu rol activo.

2.Aportar ao alumnado información e asesoramento de como incorporar no seu día a día a actividade física e o deporte como hábito de vida saudable, intentando que perdure fora do centro escolar e ao longo de toda a súa vida.

3.Crear alianzas e lazos de unión entre os organismos e escenarios da contorna que determinan e favorecen a práctica da actividade física, e polo tanto os hábitos de vida saudable da poboación en idade escolar.

CONTIDOS:

1.A práctica de actividade física e deporte como referente para a adquisición de hábitos de vida saudables.

2.A mellora nos espazos do centro educativo e da súa contorna como elementos favorecedores do incremento na practica de actividade física e deportiva.

3.A influencia da comunidade na práctica de actividade física e o deporte.

4.Os modelos de xénero e a súa influencia positiva para a adherencia na práctica de actividades físico deportivas das alumnas.

5.Os retos interdisciplinares para o incremento da actividade física.

6.O Plan de actividades físicas e hábitos saudables de centro como referente para o incremento da práctica da actividade física e deportiva na mellora da saúde do alumnado.

Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Menús CAFI node R

 

Sección