Adxudicación provisional das prazas do concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e de prácticas do corpo de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente

Xov, 04/07/2024 - 12:55

Xúntase a Resolución do 4 de xullo de 2024 da Comisión de Selección pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de persoas admitidas xunto co baremo, a relación do persoal excluído e a adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos para a cobertura, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente , convocado pola Orde do 16 de maio de 2024 (DOG n.º 101, do 27 de maio) (código de procedemento ED013B)

  • O prazo de presentación de reclamacións abranguerá desde o día 5 de xullo ata o día 11 de xullo de 2024, ambos incluídos por médios electrónicos, mediante o trámite "Alegacións" activado para estes efectos no procedemento normalizado ED013B.
  • Neste mesmo prazo, as persoas interesadas poderán presentar a renuncia de participación no concurso por medios electrónicos mediante o trámite "Renuncia" activado para estes efectos no procedemento normalizado ED013B.

Estarán activados os trámites  alegacións e/ou renuncia na Carpeta cidadá no procedemento normalizado ED013B  do seguinte xeito:

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal

2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.

3.-Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de participación no concurso de méritos específico para cubrir postos de escolarización a alumnado de atención preferente (código de procedemento ED013B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións" e/ou "Renuncias".

IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED013B). Deberá indicar o código da praza ou prazas que reclama e xustificar o requisito. 

4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

Estará  correctamente presentada a alegación e/ou renuncia  cando poida descargala asinada  así como o recibo de presentación.

Menú Advertisement

Comisións de servizo

Sen términos