Matrícula no programa That's English! nas escolas oficiais de idiomas
Mar, 04/06/2024 - 12:11
Xúntase a Instrución 2/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a organización dos niveis Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2 e Avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2024/25.
Prazos de matrícula:
- Do 28 de xuño ao 12 de xullo de 2024, para o alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2023/24 que desexe continuar os seus estudos no curso 2024/25.
- Do 2 de setembro ao 31 de outubro de 2024, para o resto do alumnado.
Máis información: Instrución 2/2024