Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios (código de procedemento ED001A)
Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A) (DOG n.º 32, do 14 de febreiro)
O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.
O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o ÚLTIMO EXPEDIENTE co código de procedemento ED001A/2024, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de acordo co establecido na base 6.4 da Orde do 31 de xaneiro de 2024.
Unicamente para o caso das persoas que non figuren na listas definitivas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para interpoñer o dito recurso deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.
O dito formulario da solicitude xenérica debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
- No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECURSO RESOLUCIÓN DO 10 DE MAIO DE 2024 e especificar o corpo e especialidade.
- No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse na súa carpeta cidadá (“A miña sede”) tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.
Orde do 31 de xaneiro de 2024 (DOG)
Resolución do 5 de abril de 2024 (listaxes provisorias de persoal admitido e excluído)
Anexo I: persoal aspirante admitido provisoriamente Primaria
Anexo I: persoal aspirante admitido provisoriamente Secundaria
Anexo II: persoal aspirante excluído provisoriamente Primaria
Anexo II: persoal aspirante excluído provisoriamente Secundaria
Composición das vogalías que xulgarán o proceso selectivo (corpo de mestres)
Resolución do 23 de abril de 2024 de desistimento da petición
Composición das vogalías que xulgarán o proceso selectivo (corpos de secundaria e outros)
Composición do tribunal de valoración da proba de coñecemento de lingua castelá
Composición do tribunal de valoración da proba de coñecemento de lingua galega
Resolución do 10 de maio de 2024 (listaxes definitivas de persoal admitido e excluído)
Anexo I: persoal aspirante admitido definitivamente Primaria
Anexo I: persoal aspirante admitido definitivamente Secundaria
Anexo II: persoal aspirante excluído definitivamente Primaria
Anexo II: persoal aspirante excluído definitivamente Secundaria
Listaxe de persoas non exentas de galego Primaria
Listaxe de persoas non exentas de galego Secundaria
Listaxe de persoas non exentas de castelán Secundaria
Corrección de erros pola que se modifica a listaxe definitiva de admitidos
Resolución do 21 de maio de 2024: Composición dos tribunais (DOG)
Resolución do 10 de xuño de 2024 (distribución de persoas aspirantes por tribunal)
Anexo I: Distribución persoas aspirantes por tribunais (Primaria)
Anexo II: Distribución persoas aspirantes por tribunais (Secundaria e outros)
Datas, horas, lugares en que se fará a presentación das persoas opositoras e a primeira proba
Tribunais constituidos (Primaria)
Tribunais constituidos (Secundaria)
Nota informativa sobre a presentación de méritos ante o tribunal do persoal aspirante
Anexo XII (declaración responsable)
Nomeamento de persoal funcionario en prácticas: Orde do 2 de agosto de 2024 (DOG)