Título node Learning object

Exposición "Fina Casalderrey: medrando entre historias" da asociación GÁLIX
Xov, 18/04/2024 - 12:05
Imaxe

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil elaborou unha exposición sobre a escritora Fina Casalderrey, candidata ao premio Memorial Astrid Lindgren 2024 e ao premio Hans Christian Andersen 2024, coñecido este último como o "Nobel da Literatura Infantil".

A exposición, que se colocará na Praza da Ferraría de Pontevedra, inaugurouse o 18 de abril e poderá visitarse ata o 18 de maio.

A mostra, escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel, leva por título e está composta por 20 paneis que narran o seu percurso vital e literario. Son as propias palabras de Fina as que serven de fío condutor da exposición, ao destacar declaracións e anécdotas que ofreceu en diferentes ocasións e medios ao longo da súa carreira. Desta maneira retrátase unha autora referente da nosa literatura contemporánea que, xunto con outras compañeiras e compañeiros de xeración, asentou as bases da literatura infantil e xuvenil en galego. Tamén se presta atención ao seu traballo noutros xéneros e, especialmente, ao seu labor como mestra, oficio ao que dedicou 40 anos da súa vida e que ela mesma recoñece que estivo intimamente ligado aos seus inicios na escrita.