Título node Learning object
Curso MOOC "Materiais dixitais accesibles" (8 ed. 2024)
Mér, 20/03/2024 - 07:50
O 1 de abril comeza o MOOC (curso online gratuíto e aberto) de Materiais dixitais accesibles (8ed. 2024).
Este curso, iniciativa do Real Padroado sobre Discapacidade e a Fundación ONCE, dura 5 semanas e non se requiren coñecementos previos.
É un curso online con vídeos, foros, test e actividades prácticas para coñecer e aplicar as principais características dos textos e vídeos dixitais accesibles.
Os seus obxectivos son:
- Coñecer as vantaxes dos materiais dixitais de aprendizaxe, grazas á súa flexibilidade, á posibilidade de compartilo ou de usalo desde diferentes dispositivos (computadores, teléfonos, tabletas).
- Coñecer a Víctor, Carlos, Ana, Álex e por tanto os desafíos aos que se enfrontan as persoas con discapacidade ao usar os documentos dixitais no seu día a día.
- Entender a accesibilidade como un asunto de dereitos civís.
- Desenvolver os coñecementos e habilidades necesarios para xerar contidos dixitais accesibles e identificar problemas de accesibilidade.
- Adquirir, como autores, estratexias para a produción sustentable de material dixital de aprendizaxe, como a modularidad ou o uso de contidos de diferentes tipos como textos, imaxes, vídeos ou test.
Toda a información e inscrición en: