Título node Learning object
O Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra, convoca esta acción formativa co obxectivo de formar en Educación Física e Deporte, accesible para a discapacidade visual, a profesionais da Actividade Física e do Deporte e familiares de persoas afiliadas e atendidas.
Este curso de formación está destinado a docentes de Educación Física, profesionais da actividade física e deportiva e familias.
Obxectivos
- Formar a profesionais da Educación Física, dos centros educativos e de clubes deportivos sobre a práctica de diversas modalidades deportivas por persoas con discapacidade visual, para mellorar a súa inclusión no deporte.
-
Dar orientacións básicas de como intervir e adaptar as actividades para crear sesións inclusivas.
-
Promocionar a práctica dos diferentes deportes, seguindo tanto criterios deportivos como educativos.
-
Compartir o grao de desenvolvemento na área da Educación Física e Deportiva dos mozos e mozas con discapacidade visual para poder abordar adecuadamente unha posterior intervención.
Lugares de celebración, datas e horarios
Data: 26 de abril de 2024
Horario: de 10:00 a 13:00 h
Lugar de celebración:
CRE da ONCE en Pontevedra
C/ Luis Braille,40 -36003 Pontevedra-
T: ( 34) 986 85 62 00
A sesión será tamén online, polo que, quen queira asistir a ela baixo esta modalidade, deberá indicalo na súa inscrición e uns días antes recibirá no seu correo electrónico a ligazón para a conexión.
Inscrición
Para asistir é necesario cubrir, antes do día 17 de abril, o formulario de inscrición para profesionais ou familias, segundo proceda, accedendo ás seguintes ligazóns.
Inscrición para profesionais da actividade física e o deporte:
https://forms.office.com/e/ctF11Edh8j
Inscrición para familias de persoas afiliadas e atendidas:
https://forms.office.com/e/KjxYmpeDDW
As prazas asignaranse por orde de inscrición e confirmaranse a través do correo electrónico que facilite o participante, enviándose posteriormente o certificado de asistencia a través deste mesmo medio.