Título node Learning object

Formación para docentes de alumnado con cancro
Ven, 15/03/2024 - 11:13

A Federación Española de Pais de Nenos con Cancro (FEPNC) está a presentar a 5ª edición oficial do curso "Formación para docentes de alumnado con cancro".

Trátase dunha formación online, gratuíta e con prazas limitadas, creada en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), acreditada pola mesma e impartida por profesionais da educación da FEPNC expertos en cancro infantil e docentes da USC.

Este curso de formación específica está dirixido exclusivamente a docentes en activo de aulas hospitalarias, atención escolar domiciliaria e centros educativos que actualmente teñan alumnado con cancro.

Preténdese proporcionar formación e recursos que favorezan o entendemento da enfermidade e as súas necesidades educativas, axudando aos docentes no día a día do alumnado enfermo.

Todas as persoas interesadas deben cubrir o seguinte cuestionario:
https://forms.gle/Q4pXqDxSpWBip7rd8

A data límite para inscribirse é o 22 de marzo.