Resolución definitiva de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación
Xúntase a Resolución do 15 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).
O persoal concursante poderá interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou ben poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Orde do 21 de novembro de 2023 (DOG)
Resolución provisional do concurso específico de Orientación
Relación provisional de persoas excluídas do concurso específico de Orientación
Resolución definitiva do concurso específico de Orientación
Relación definitiva de persoas excluídas do concurso específico de Orientación
Resolución definitiva do concurso específico de orientación (DOG)