Concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial
Xúntase a Orde do 21 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (código de procedemento ED013A).
O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de orientación, mediante o procedemento normalizado ED013A, será desde o día 5 de decembro ata o 28 de decembro, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas soiicitantes.
Orde do 21 de novembro de 2023 (DOG) Resolución provisional do concurso específico de Orientación Relación provisional de persoas excluídas do concurso específico de Orientación Adxudicación provisional Resolución definitiva do concurso específico de Orientación Relación definitiva de persoas excluídas do concurso específico de Orientación Adxudicación definitiva Resolución definitiva do concurso específico de orientación (DOG) Instrucións para a toma de posesión do profesorado