Publicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas
Xúntase a Resolución do 12 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta consellería.
Contra esta resolución definitiva, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Orde do 17 de novembro de 2023 (DOG)
Resolución provisional (Primaria)
Relación provisional de persoas excluídas (Primaria)
Adxudicación provisional primaria
Resolución provisional (Secundaria)
Relación provisional de persoas excluídas (Secundaria)
Adxudicación provisional secundaria
Resolución definitiva do concurso específico de adultos (DOG)