Concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos PES e mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas
Xúntase a Orde do 17 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas, será desde o martes, 5 de decembro ata o xoves, 28 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes.
Orde do 17 de novembro de 2023 (DOG) Resolución provisional (Primaria) Relación provisional de persoas excluídas (Primaria) Adxudicación provisional primaria Resolución provisional (Secundaria) Relación provisional de persoas excluídas (Secundaria) Adxudicación provisional secundaria Resolución definitiva Adxudicación definitiva Relación de persoas excluídas Resolución definitiva do concurso específico de adultos (DOG) Instrucións para a toma de posesión do profesorado