Título node Learning object
Ampliación de prazo ata o 08/05/2024.
https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2024/003251
--------
Publicada a convocatoria da VI Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato.
Os premios organízanse pola Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, e en colaboración co Círculo Escéptico.
O concurso ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional, ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude, vítima en moitas ocasións do engano, a manipulación e a difusión de noticias e crenzas falsas.
O xénero literario será o artigo periodístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto.
Os traballos integrarán os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a perspectiva de xénero, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas.
Desde este marco de comunicación científica, tamén se valorará que sexan sensibles á erradicación das diferentes violencias que se perpetúan a través de loias que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBI+ ou inmigrantes, entre outros.
Pódese acceder a toda a información premendo na seguinte ligazón.
O prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 26 de abril de 2024 ás 14:00 h.