Sesión informativa en liña sobre o Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Coa finalidade de axudar o profesorado que o necesite, realizarase unha sesión informativa en liña o vindeiro xoves 14 de marzo de 2024, de 19.00 a 20.00 horas. Resolveranse dúbidas, consultas e preguntas, e farase un breve repaso do funcionamento do Mapa Cénit para facilitar a presentación de candidaturas.
Para participar na sesión non é preciso apuntarse con antelación, tan só premer o día 14 ás na ligazón da xuntanza (dispoñible na páxina 4 das bases da convocatoria).
Ademais, lémbrase o seguinte:
Que dende o 16 de febreiro e ata o 7 de abril está aberta a 3ª edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global que pretende recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.
Poderán presentarse docentes ou equipos docentes de centros de ensino e universidades galegas de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñecidos pola Consellería de Educación.
Premiaranse 3 experiencias educativas, proxectos e iniciativas pedagóxicas realizadas durante o curso escolar 2022/2023 e/ou 2023/2024, correspondentes a 3 categorías:
• Categoría A: Educación Infantil e Primaria.
• Categoría B: E.S.O, Bacharelato, FP, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Artísticas.
• Categoría C: Ensinanzas universitarias.
Novidade de interese
Esta edición o premio inclúe unha viaxe de 10 días a Guatemala cos gastos cubertos para 2 docentes de cada unha das iniciativas gañadoras en cada categoría, no que poder coñecer un proxecto de cooperación internacional e o traballo que realiza en terreo a Cooperación Galega.
Bases e máis información en https://galiciasolidaria.org/terceira-edicion-premio-galego-de-educacion/