Título node Learning object
A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña quere celebrar e compartir co público o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.
Con este propósito realízanse dous audiovisuais, un dirixido a escolares de educación primaria (que se pode consultar nesta ligazón) e outro dirixido a escolares de educación secundaria (que se pode consultar nestoutra). Neles participaron investigadoras da nosa universidade para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.
Pódese participar nesta iniciativa visualizando os audiovisuais e logo gravándose preguntando aquilo que o alumnado queira ás investigadoras. Hai ata o 31 de marzo de 2024 para gravarse e mandar os vídeos a través desta ligazón.
Entre os/as participantes realizarase un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da Universidade da Coruña; podendo así ver o lugar de traballo das científicas!