Título node Learning object

II Concurso fotográfico AeroVision 2024
Lun, 05/02/2024 - 13:25
Imaxe

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense da Universidade de Vigo organiza a segunda edición do concurso fotográfico AeroVision 2024, con motivo do Día Internacional dos Voos Espaciais e a Cosmonáutica, que ten lugar o 12 de abril, e no que se conmemora en todo o mundo o comezo da era espacial.

Esta iniciativa ten como obxectivo recoñecer e difundir o papel da ciencia e a tecnoloxía espacial no desenvolvemento da sociedade.

A temática do concurso de fotografía AeroVision 2024 é o ámbito aeronáutico e aeroespacial. As imaxes deben ser orixinais e deberán amosar situacións, paisaxes ou circunstancias relacionadas co ámbito aeronáutico e/ou aeroespacial. Admítense obras en branco e negro e en color, realizadas mediante calquera técnica fotográfica.

Admitirase un máximo de 1 obra orixinal por autor/a, sendo esta orixinal e inédita e non presentada con anterioridade noutros concursos, webs ou calquera outro medio dixital ou impreso. Pode participar toda aquela persoa que o desexe.

O prazo de presentación de fotografías finaliza o 20 de marzo de 2024.

Para máis información poden escribir ao enderezo: aerovision@uvigo.gal

As persoas gañadoras daranse a coñecer o día 12 de abril de 2023.

Os premios do concurso serán os seguintes:

  • Primeiro premio: un dron.
  • Segundo premio: un telescopio.
  • Terceiro premio: uns prismáticos.