Título node Learning object

NOOC "Menores e seguridade na rede"
Mar, 30/01/2024 - 11:23
Imaxe

Comeza unha nova edición do NOOC "Menores e seguridade na rede", unha quinta edición que se inicia o 31 de xaneiro e finaliza o 9 de febreiro.

Esta iniciativa nace da colaboración entre o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do profesorado (INTEF), o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), sendo o seu obxectivo proporcionar ferramentas, pautas e estratexias que permita evitar os riscos dun uso inadecuado ou pouco seguro da contorna dixital aos menores, salvagardando a súa intimidade e benestar persoal. 

Internet volveuse unha ferramenta diaria e os menores poden acceder libremente a calquera contido, polo que se recomenda prestar atención ao uso deste segmento da poboación. Por iso, débese incidir en que se realice un uso consciente e responsable con sentido crítico da rede nos menores, xa que estas reflexións, axudaranlles a gozar de maneira sa de todos os seus beneficios nunha sociedade conectada. 

Cuestións que todos os pais, nais, titores, docentes ou educadores discuten continuamente son que idade é a máis adecuada para facer uso do primeiro móbil? como configuralo? ou como actuar ante unha práctica de risco na rede?, que ferramentas de mediación e control parental existen? Todas estas preguntas e outras se responderán nesta nano experiencia de aprendizaxe. 

O curso conta cun itinerario dunha semana de duración que finaliza coa proposta dun reto para poñer a proba os coñecementos adquiridos. Haberá que crear nun formato de infografía un decálogo do bo uso da internet. Este será avaliado os compañeiros e compañeiras de modo que a experiencia sexa inspiradora para todos e todas.

Tamén existe un espazo de axuda onde se pode expor dúbidas sobre o funcionamento da plataforma ou no que se pode transmitir calquera incidencia observada. E, ao finalizar, para compensar o esforzo e interese pódese conseguir unha insignia dixital que se incluirá na mochila de Insignias INTEF.