L2302004 - Desenvolvemento de estratexias comunicativas e de coordinación para o centro

12 horas presenciais no CFR Lugo
Óscar Martínez e Eva Meijide serán os relatores da actividade
Lun, 15/01/2024 - 17:54
estratexias

Dentro da nosa ampla oferta para este segundo trimestre do curso escolar, hoxe queremos presentarvos a actividade L2302004 - Desenvolvemento de estratexias comunicativas e de coordinación para o centro. Estas xornadas contribúen ao coñecemento e manexo das ferramentas de comunicación e coordinación corporativas así como as normas básicas de etiqueta dixital, protección de datos e privacidade na comunicación dixital.

Serán un total de 12 horas presenciais no CFR Lugo, en datas aínda por fixar. As sesións correrán a cargo de Óscar Martínez Rama e Eva María Meijide Pedrosa (AMTEGA). A inscrición a esta actividade atópase aberta en FProfe.

 

Obxectivos

1. Coñecer as ferramentas de comunicación e coordinación para toda a comunidade educativa.

2. Utilizar as ferramentas dixitais corporativas de comunicación adaptándose ao contexto.

3. Coñecer as normas básicas de etiqueta dixital e protección de datos e privacidade na comunicación dixital.

 

Contidos

1. Uso de AbalarMóbil para familias e AbalarPro para o profesorado como ferramentas comunicativas.

2. Sistemas de videoconferencia para uso no proceso de ensinanza aprendizaxe e coordinación do centro educativo.

3. Servizo de comunicación do Espazo Abalar e correo corporativo.

 

Indicadores de competencias

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - B1 - 1.1.B.1.1. Comunícase de forma autónoma e convencional cos axentes da comunidade educativa empregando, en cada caso, a ferramenta dixital máis adecuada de entre as establecidas pola A. E. ou as persoas titulares do centro para ese fin.

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - B1 - 1.1.B.1.2. Aplica as políticas de uso aceptable das ferramentas de comunicación organizativa establecidas pola A. E. ou as persoas titulares do centro.

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - B1 - 1.2.B.1.1. Emprega, de forma autónoma, as tecnoloxías dixitais e aplica os protocolos establecidos pola A. E. ou polas persoas titulares do centro para levar a cabo as tarefas administrativas ligadas ás funcións docentes, para participar nos órganos colexiados de goberno e de coordinación docente e cos servizos institucionais externos.

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - B1 - 1.4.B.1.2. Participa en cursos dirixidos ao desenvolvemento da competencia dixital docente.

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - B1 - 1.5.B.1.1. Aplica, de maneira autónoma, as medidas propostas polas AA. EE. ou as persoas titulares do centro para protexer os datos persoais propios e alleos.

Competencia dixital docente - 6. Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado - B1 - 6.2.B.1.2. Selecciona, de entre as tecnoloxías proporcionadas pola A. E. ou polas persoas titulares do centro, as máis adecuadas para que o alumnado desenvolva a súa competencia dixital para colaborar, comunicarse e participar.

Menús CAFI node R

 

Sección