Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional da lista de interinidades e substitucións de diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)
Ven, 22/12/2023 - 12:57
Xúntase a Resolución do 21 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
- Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
- Achégase resolución, baremo provisional e a relación provisional de persoas excluídas"
Resolución do 29 de novembro de 2023 da convocatoria corpo 592
Resolución provisional do 21 de decembro de 2023 (592)
Baremo provisional persoas admitidas (592)
Relación provisional de persoas excluídas (592)
Resolución definitiva do 29 de decembro de 2023 (592)