Título node Learning object

VII Certame de imaxes do patrimonio inmaterial galego-portugués
Mér, 13/12/2023 - 10:50
Imaxe

A asociación cultural e pedagóxica Ponte... nas ondas! convoca o VII certame de imaxes do patrimonio inmaterial galego-portugués.

O certame “As imaxes do patrimonio” destinado aos centros educativos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal constitúe un exemplo de transmisión do patrimonio cultural inmaterial ás novas xeracións realizada a través da escola que serve de ponte entre as familias, comunidades portadoras e o ensino formal.

O seu obxectivo é que o patrimonio que se encontra depositado nas familias sexa transmitido ás novas xeracións para que teñan un coñecemento das súas orixes e do seu patrimonio. Con estas imaxes terán acceso a unha boa parte de expresións culturais que xa desapareceron ou que xa son descoñecidas para os máis novos e novas.

O certame terá dúas categorías:

 

  • Na 1ª poderá participar o alumnado de Infantil e Primaria do sistema educativo galego. En Portugal participará o alumnado do Ensino Básico e Segundo Ciclo.
  • Na 2ª poderá participar alumnado de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos do sistema educativo galego. En Portugal participarán os alumnos e alumnas do terceiro Ciclo en adiante.

Poderase participar presentando fotografías e podcast.

Os premios son os seguintes:

1ª Categoría:
• 1º premio: ordenador portátil para a familia remitente da fotografía gañadora.
• 2º premio: unha tableta de 10”.
• 3º premio: unha tableta de 8”.
• Podcast: unha tableta e un xogo de auriculares sen fíos.

2º Categoría:
• 1º premio: ordenador portátil para a familia remitente da fotografía gañadora.
• 2º premio: unha tableta de 10”.
• 3º premio: unha tableta de 8”.
• Podcast: unha tableta e un xogo de auriculares sen fíos.

• Premio Especial: un ordenador portátil que recibirá aquela escola que presente un traballo salientable no que se mesturen fotografías con outros medios de expresión e técnicas, ou mande o conxunto maior de fotografías que, cumprindo as bases, teñan grande relevancia polo seu contido.

Toda a información e bases do concurso no documento adxunto.