Título node Learning object

I Concurso Nacional de Pintura escolar de Anasbabi Ciliopatías
Ven, 01/12/2023 - 10:55
Imaxe
Anasbabi Ciliopatías convoca o PRIMEIRO CONCURSO DE DEBUXO PARA CENTROS ESCOLARES, baixo o título <TODOS SOMOS ÚNICOS... TODOS SOMOS DIFERENTES>, enmarcado no Día Internacional das Enfermidades Raras, que se celebrará o día 29 de febreiro de 2024.
 
Aprovéitase o Día Internacional das Enfermidades Raras para achegar aos e as estudantes de Primaria e Secundaria estas patoloxías, tan complexas en canto a diagnóstico e tratamento, e conciencialos de que as diferenzas de calquera índole non poden significar exclusión. Resulta de vital importancia traballar a inclusión desde a escola, para convertela nun lugar seguro para todos/as, impulsando un traballo conxunto entre administracións, comunidade educativa e, por suposto, familias, para construír unha sociedade inclusiva.
 
O prazo de presentación das obras estará aberto desde o 1 de decembro de 2023 ata o 31 de xaneiro de 2024.
 
Pódese consultar calquera dúbida a través do correo concurso@anasbabiciliopatias.es.
 
Toda a información e bases do concurso no documento adxunto.