Título node Learning object
O colectivo eXXperimenta en feminino (formado por profesoras, investigadoras e alumnas da Facultade de Ciencias, da Escola Superior de Enxeñaría Informática, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Universitaria de Enfermaría do Campus de Ourense-Universidade de Vigo) organiza un ano mais a Xornada (a VII) eXXperimenta en feminino de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
Será o día 16 de febreiro de 2024 (venres), de 10.00 a 18.00, nas instalacións do Edificio Politécnico do Campus de Ourense.
Esta xornada, que está aberta á participación dos centros educativos non universitarios, pretende proporcionar ao alumnado a posibilidade de realizar experimentos científicos e tecnolóxicos e coñecer as titulacións científicas e tecnolóxicas que se imparten no Campus de Ourense. As actividades están pensadas para o alumnado dos últimos cursos de Educación Primaria, e para o de Secundaria e Bacharelato.
Para participar é imprescindible inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo: exxperimentaenfeminino@uvigo.gal
No correo debe indicarse:
- Centro e persoa de contacto
- Número de estudantes que acudirán e curso (5º, 6º de Primaria, 1º, 2º, 3º, 4º de ESO ou 1º, 2º de Bacharelato).
Dada a capacidade limitada das instalacións, a admisión realizarase por rigorosa orde de recepción da inscrición. A data límite de inscrición é 19 de decembro de 2023.
Para facilitar a visualización/participación nas actividades, recoméndase que os centros organicen en subgrupos de arredor de 20 persoas.
A xornada está aberta ao público en xeral, polo que o alumnado tamén poderá asistir acompañado dos seus pais, nais ou titoras/es no horario non lectivo.
Para máis información poden escribir ao enderezo: exxperimentaenfeminino@uvigo.gal