Título node Learning object
3ª Xornada das superheroínas e superheroes 2023/24
Ven, 27/10/2023 - 14:01
Invitación a todos os centros educativos a participar na 3ª Xornada das superheroínas e os superheroes, co obxectivo de seguir traballando o respecto e a tolerancia cara a diferenza, así como a aceptación e o recoñecemento das propias capacidades persoais, reivindicando que todos os nenos, nenas e adolescentes poidan ser unha superheroína ou un superheroe.
Esta iniciativa tamén pretende darlle visibilidade ao retinoblastoma, o cancro ocular máis frecuente en nenos/as menores de 6 anos, coa misión de potenciar a súa investigación para mellorar a calidade de vida dos/as pacientes e das súas familias.
Máis información a través desta ligazón.