Resolución do 4 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, coas listaxes definitivas das prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2023/24

Lun, 04/09/2023 - 12:33

Resolución do 4 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias e, de ser o caso, suplentes, de acordo co previsto no artigo 33 da Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2023/24 (DOG núm. 106, do 6 de xuño).

 

As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais.

 

Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 5 de setembro e 4 de outubro de 2023), ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.