Convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual
Lun, 28/08/2023 - 13:47
Xúntase a Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).
As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.
Todos os documentos teñen que ser xerados a partir da aplicación informática só dispoñible para os centros educativos, polo que os anexos da orde só serven a efectos informativos.