Publicación das relacións definitivas de persoal docente obrigado a participar na adxudicación de destinos provisionais entre persoal de corpos docentes, curso 2023-24

Mar, 01/08/2023 - 14:10

Xúntase Resolución do 1 de agosto de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fan públicas as relacións definitivas de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2023/2024.

O prazo para formular recurso de reposición é dun (1) mes contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 2 de agosto ao 1 de setembro de 2023, ambos incluídos).

Para aquelas persoas que presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) unha solicitude no procedemento ED002B, para formular o recurso de reposición deberán acceder ao dito procedemento e seleccionar o trámite "recurso de reposición" e no asunto sinalar Resolución definitiva do 1 de agosto de 2023 e especificar o anexo correspondente, anexo I ou II, segundo proceda.

Para aquelas persoas que nunca presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude no procedemento ED002B, para formular o recurso de reposición deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A e no dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECurso RESOLUCIÓN definitiva DO 1 de agosto de 2023 e especificar o anexo correspondente, anexo I ou II, segundo proceda.

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.