Apertura do prazo extraordinario de solicitude de comisións de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde e por causas sobrevidas para o curso académico 2023/24
A Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B) establece no seu artigo 17 o seguinte:
Artigo 17. Causas sobrevidas
Os casos que poidan xurdir por causa sobrevida fóra do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente orde e con anterioridade á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico dirixiranse ás xefaturas territoriais correspondentes no prazo de presentación de solicitudes extraordinario que se publicará na páxina web www.edu.xunta.gal.
Consonte ao establecido no dito artigo:
Apertúrase un prazo de presentación de solicitudes que abranguerá desde MAÑÁ venres día 14 de xullo ata o luns día 17 de xullo de 2023, ambos incluídos.
Para formular unha solicitude de comisións de servizos por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED010B
Resolución do 30 de xuño de 2023
Anexo I: Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (mestres)
Anexo II: Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (secundaria)
Anexo III: Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (relixión)
Resolución do 13 de xullo de 2023
Anexo I: Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (mestres)
Anexo II: Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (secundaria e outros)
Anexo III: Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (relixión)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas admitidas (primaria)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas excluídas (primaria)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas admitidas (secundaria)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas excluídas (secundaria)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas admitidas (relixión)