Recoñecemento ao persoal funcionario de carreira do corpo PES das especialidades procedentes do corpo, para extinguir, de formación profesional
Xúntase a Resolución do 12 de xullo de 2023 da Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se recoñece a titularidade de especialidades integradas no corpo de profesores de ensino secundario e no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, ao persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, do corpo de profesores técnicos de formación profesional que se integra no corpo de profesores de ensino secundario e ao profesorado que estaba en situación de excedencia neste corpo.
As persoas que se relacionan en cadanseu anexo poderá presentar recurso de reposición contra a citada resolución obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo comprendido entre o día 13 de xullo ata o 14 de agosto de 2023, ambos incluídos, do seguinte xeito:
a) deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A (premer aquí) e no dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
-No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO RELACIONADO: Recurso de reposición contra a resolución do 12 de xullo de 2023 recoñecemento de especialidade con especificación do anexo
-No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.