Apertura do prazo para para solicitar intercambios provisionais de prazas de persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes desta consellería, curso 2023/24
Segundo o establecido no artigo 4.3 da Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas de persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED002A), modificada pola Orde do 4 de xullo de 2019 (DOG do 11 de xullo), ábrese o prazo para que as persoas que non están obrigadas a participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais do curso académico 2023/24, poidan solicitar intercambio provisional de prazas.
O prazo para realizar a solicitude comprende desde o día 15 de xullo ata o 31 de xullo de 2023, ambos incluídos.
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo normalizado de solicitude que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)