G2301006 Acompañamento no inicio das novas direccións escolares

Formación para as novas direccións escolares
Ven, 07/07/2023 - 08:49
Acompañamento no inicio das novas direccións escolares

Con esta actividade queremos darlle un apoio normativo, organizativo e de xestión para que os novos equipos directivos estean acompañados e guiados no arranque do seu novo desempeño e responsabilidade, achegando coñecementos básicos e prioritarios para comezar a adquirir as novas competencias profesionais que se requiren para cada un dos membros dun equipo directivo nun centro educativo na nosa comunidade autónoma.

Os novos equipos directivos terán posteriormente a posibilidade de continuar coa adquisición e mellora das competencias necesarias mediante a participación nas actividades deseñadas no itinerario formativo de equipos directivos, que oferta a Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e universidades no seu Plan anual de formación do profesorado a través do seu servizo de programas de formación.

  • Datas: 10, 11 e 12 de xullo de 2023
  • Modalidade: Curso presencial de 25h (20h presenciais e 5h adicadas ao manexo e consulta dos materias da aula virtual)
  • Enfoque: Formación inicial que pretende dar cobertura ás primeiras necesidades dun equipo directivo novo nun centro educativo da nosa comunidade autónoma, dando a coñecer os aspectos normativos, organizativos e de xestión de centros educativos, facilitando as pautas para a adquisición das habilidades persoais, sociais, relacionais e de liderado precisas para o desempeño eficaz da función directiva e acadando as competencias necesarias para xestionar a participación e implicación nun proxecto común.
  • Lugar: EGAP
  • Destinatarios:
    • Directores/as
    • Vicedirectores/as
    • Xefes/as de estudos
    • Secretarios/as

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI