Resolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 22-23
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2022/2023.
Seleccionáronse os seguintes proxectos, ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2022/2023 e se establecen as bases reguladoras para realizalos:
- cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:
Proxecto |
Centro |
Concello |
provincia |
A literatura galega á escena |
IES Martaguisela |
O Barco de Valdeorras |
Ourense |
3, 2, 1... Acción! |
CEIP Plurilingüe de Reboreda |
Redondela |
Pontevedra |
Rachando roles |
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro |
Ferrol |
A Coruña |
IES Ricardo Carvalho Calero |
Ferrol |
A Coruña |
|
CEIP A Solaina |
Narón |
A Coruña |
|
Luces, cámara... A falar! |
IES Ramón Cabanillas |
Cambados |
Pontevedra |
Musigalíza-te |
CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto |
Boqueixón |
A Coruña |
Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 € para o centro ou centros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- un proxecto ao que se lle concede unha Mención de Honra:
Comer e ler en galego |
CIFP Paseo das Pontes |
A Coruña |
A Coruña |
O profesorado implicado activamente no desenvolvemento deste proxecto recibirá unha certificación de Accésit, ademais de apoio e asesoramento durante o seu desenvolvemento e a difusión das experiencias e dos materiais educativos producidos a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.