Publicación relación de solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2023-2024

Mar, 20/06/2023 - 10:12

Xúntase a Resolución do 19 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolven as solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2023-2024

O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra a citada resolución é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación

O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). utilizando o modelo xenérico dispoñible no último expediente de solicitude xenérica (PR004A) formulada para a renuncia á participación do seguinte xeito:

-Acceda a ligazón https://sede.xunta.gal

-Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder.

-Introduza o seu NIF e a súa contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital

-Localice no apartado de ÚLTIMOS EXPEDIENTES E PRESENTACIÓNS a última solicitude presentada (PR004A) para formular a renuncia á participación no CADP e prema no botón Acción existente á marxe dereita. Elixa no desplegable a opción Recurso de reposición.

-No campo ACTO RECORRIDO indique: RESOLUCIÓN SOBRE NON PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS 23-24

-No campo UNIDADE RESPONSABLE DO PROCEDEMENTO debe elexir Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (para axilizar a búsqueda pode pinchar no formulario Seleccione e escribir Centros e Recursos e seleccionar a opción que lle ofrecerá a sede) Unha vez cuberto o recurso prema no botón “Continuar”

-Neste paso pode anexar a documentación xustificativa que considere conveniente e logo premer no botón Continuar.

-A seguir deberá asinar o recurso e presentalo no rexistro electrónico para o que se lle enviará o seu móbil un pin que deberá introducir para finalizar a presentación no caso de empregar Chave 365 ou no caso de certificado dixital a súa contrasinal.

-Por último, a sede electrónica informaralle que o seu recurso foi presentado e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.