Relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas para o curso académico 2023/24

Xov, 15/06/2023 - 12:31

Xúntase a Resolución do 15 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 15 de abril de 2019, código de procedemento ED010A (DOG nº 82, do 30 de abril).

De conformidade co artigo 10 da Orde do 15 de abril de 2019, contra esta resolución provisional, as persoas interesadas poderán formular alegacións, no prazo comprendido entre o día 16 e o día 22 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Alegacións activado no procedemento normalizado ED010A do seguinte xeito:

  1. Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
  2. Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
  3. Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, (código de procedemento ED010A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións”.

IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010A). Non se tramitarán as alegacións formuladas en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

4. Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegacións asinado como o recibo de presentación desta.