Título node Learning object
Neste ano 2023, o MARCO celebra o vindeiro 18 de maio o DIM (Día Internacional dos Museos) cun completo programa de actividades para distintos públicos e para todas as idades, que se desenvolverán ao longo de varias xornadas, dende o martes 16 ata o sábado 20 de maio.
No centro da edición deste ano está o proxecto CASAS DE CARTÓN, dirixido por Ignacio Pérez-Jofre para Emaús e Provivienda, que comezará no MARCO o propio 18 de maio. Ese mesmo día, terá lugar a segunda sesión da Biblioteca Humana do proxecto Luz na escuridade.
Para público infantil e familiar, comezarase o martes 16 cos Concertos Didácticos do profesorado da EMM nas salas da exposición de Laxeiro, e continuarase ao día seguinte, o Día das Letras Galegas, co espectáculo de títeres “Unha noite no Trasmundo”, con Guy Bobillo.
A mostra bibliográfica das publicacións “Maleta Fundación 30 Km”, os concertos do Sinsal Primavera, a presentación do libro sobre Manolo Millares e Pablo Palazuelo, e unha nova sesión do Club #BiblioMARCO virtual, completan a programación nesta semana tan especial.
Toda a programación xeral e información de cada actividade estará dispoñible na páxina web www.marcovigo.com.
A seguinte ligazón permite o acceso á páxina do Día Internacional dos Museos 2023: