Título node Learning object
Aberto o prazo de presentación das pezas cinematográficas para o concurso de cine escolar Olloboi 2023.
Todos os centros educativos e persoal vencellado aos mesmos (alumnado de todas as etapas, familias, docentes, ex-docentes, PAS) poden enviar as súas pezas ata o 5 de maio incluído.
As categorías son as seguintes: xerais (interpretación, imaxe, videoclip, guión, animación, videocreación, redes) e especiais (Olloescolas, Peque, Plus18, Muchachada, Zamburrioi), todas descritas nas bases do concurso.
A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso da lingua galega, a sensibilidade medioambiental e social e o respecto aos dereitos dos animais. Estas sensibilidades poderán ser criterio de desempate chegado o caso.
Para a entrega das pezas empregarase a plataforma olloboi.com, onde pode atoparse información específica da convocatoria 2023, un histórico das edicións anteriores e materiais didácticos para usar na aula.
A asociación pon a dispor da comunidade educativa uns obradoiros de cine (ver Aprendo con Olloboi/Ollobradoiros, na web Olloboi) cuxo contido se adaptará ao fin e público interesado (nenos/as, adolescentes, persoas adultas).
O Olloboi 2023 transcorrerá como segue:
- Desde a apertura da convocatoria ata o 5 de maio: admisión de traballos.
- Xoves 11 de maio: publicación de finalistas.
- Luns 22 a xoves 25 de maio: exposición permanente con proxección de curtas finalistas. Visitas guiadas para colexios pola mañá (previa reserva) e abertas á cidadanía en xeral mañá e tarde.
- Venres 26 de maio: encontro Olloboi (Muchachada, proxeccións, entrega de premios, cea e concerto).
Para consultar as bases ou máis información preme aquí.