O2202027 Laboratorios innovadores para as ciencias e a Tecnoloxía

Curso presencial para traballar en laboratorios virtuais de Química, Física, Bioloxía, Xeoloxía e Astronomía
Xov, 23/02/2023 - 23:48
O2202027
O2202027 Laboratorios innovadores para as ciencias e a Tecnoloxía

Título do curso: O2202027 Laboratorios innovadores para as ciencias e a Tecnoloxía

Curso presencial

Data límite de inscrición: 13/03/2023

Prazas: 20       Horas presenciais totais: 12

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Obxectivos:

  1. Potenciar a aprendizaxe de ferramentas TIC entre o profesorado.
  2. Promocionar o manexo de laboratorios virtuais en materias STEAM.
  3. Deseñar propostas didácticas seguindo o sistema indagativo.

Contidos:

  1. Diferentes formatos de laboratorios en liña: laboratorios virtuais, laboratorios remotos e simuladores.
  2. Coñecemento e manexo de laboratorios específicos de Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química. Phet Colorado, Biomodel, Golabz e outros.
  3. Deseño dunha secuencia didáctica seguindo o sistema indagativo.

Temporalización:

19/04/2023 16:00 - 20:00 CFR de Ourense (aula 2)

26/04/2023 16:00 - 20:00 CFR de Ourense (aula 2)

09/05/2023 16:00 - 20:00 CFR de Ourense (aula 2)

Relator: 

José Manuel Viñas Diéguez

Asesor responsable da actividade:

Iván Gómez Conde (cfr.ourense.tic1@edu.xunta.gal)

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI